Bo día, compas!
Na entrada da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras de hoxe quero facer un repaso por algúns aspectos relacionados con...
Tranquilas, que non cunda o pánico. Vaiamos punto por punto e con calma. Primeiro veremos que é a avaliación e a diferencia que existe con respecto á cualificación, tamén faremos un repaso dos diferentes tipos de avaliación que existen e veremos como podemos beneficiarnos delas. Así que sen máis dilación, comecemos!.
A AVALIACIÓN!!
A avaliación e a cualificación son dous elementos que ás veces van da man, pero que non é imprescindible realizar de xeito conxunto. A avaliación constitúe unha ferramenta moi importante para o profesorado, xa que consiste na documentación sistemática do rendemento do alumnado para podermos tomar decisións dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe (cambios de metodoloxía, de temática, reforzo de contidos...). Isto resulta BÁSICO para podermos adaptar a nosa práctica docente, tanto ás necesidades do grupo aula como ás necesidades de alumnado específico. A cualificación non é máis que a nota, a puntuación que o alumnado recibe polo traballo realizado (exames, proxectos, presentacións, exercizos...).
Como xa comentei antes, avaliación e cualificación non van sempre da man. Se programamos unha sesión de traballo en grupo, mediante a observación na aula podemos avaliar o grao de adaptación do alumnado ás dinámicas de grupo, observar os seus xeitos de traballar, e extraer información de interese para mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Mais isto non quere dicir que vaiamos poñerlle ó noso alumnado unha cualificación baseada nesta observación momentánea. Non todo o que observamos, estudamos, corriximos e analizamos na clase ten por que levar unha cualificación, pero si que todo debe ser avaliado, xa que iso é o que nos permite mellorar constantemente o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Aquelas actividades que non nos aporten ningún tipo de información supoñen unha perda do noso prezado tempo de clase, e deberemos tentar evitalas dentro do posible.
Na práctica podemos clasificar os tipos de avaliación en tres categorías: avaliación inicial, avaliación formativa e avaliación sumativa ou final.
-A avaliación inicial ou diagnóstica é a que se realiza a comezo de curso, ó inicio dun novo bloque temático... en momentos clave nos que queremos ver os coñecementos de base que ten o alumnado (algo que pode comprobarse de xeito escrito ou oral). Esta avaliación pode facerse con probas escritas, como neste exemplo de Eugenia Andino. O normal é que a avaliación inicial non teña peso na cualificación final do alumnado, xa que non estamos avaliando o grao de adquisición dos contidos impartidos, senón que estamos facéndonos unha idea do nivel xeral da clase (ou específico dun alumnos/a concreto/a) para decidir por onde deberíamos comezar a traballar.
-A avaliación formativa é aquela que nos permite obter resultados sobre o grao de adquisición dos contidos ó longo do curso. É a avaliación que se realiza cada día na aula co obxectivo de poder ofrecerlle feedback ó noso alumnado para que coñeza as súas fortalezas e debilidades. Se o alumnado é consciente dos seus puntos fortes e febles, pode traballar as súas carencias e facer máis efectivo o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
-A avaliación sumativa ou final, que é aquela que mide o rendemento do alumnado e o seu nivel de adquisición de coñecementos para poder establecer unha cualificación. Algunhas das actividades que realicemos na aula poden servirnos para a avaliación tanto formativa como sumativa (work smarter, not harder!) e o obxectivo final é o de ofrecerlle ó alumnado unha cualificación que sexa "fiel reflexo" do seu grao de adquisición dos obxectivos marcados.

A avaliación formativa é a máis importante de todas, xa que é a que nos está a ofrecer CONSTANTEMENTE información actualizada do estado do noso grupo aula. Pero debemos ir con coidado xa que, se non temos un sistema ben establecido e estandarizado para poder facer esta avaliación formativa, os datos recollidos poden resultar algo confusos. Para esta tarefa son especialmente valiosas as rúbricas.
![]() |
| Rúbrica para elaborar rúbricas |
As rúbricas son documentos descritivos que enuncian os aspectos que se terán en conta na avaliación dun proceso de traballo ou dun produto final (presentacións orais, carteis, traballos en grupo...). Se entregamos a rúbrica ó comezo dunha actividade ou proceso, estamos a orientar ó alumnado para que traballe de xeito consciente nos aspectos que imos valorar como docentes. Ademais, que o alumnado teña acceso a este documento é moi beneficioso para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que poderán facer unha autoavaliación do seu propio traballo e xulgar por si mesmos como se están a desenvolver na materia.
Pero ollo! Pola rede hai algúns documentos disfrazados de rúbricas que tentarán enganarvos para que confiedes neles coa mesma forza coa que confiades nas rúbricas, pero sede conscientes de que non son a mesma cousa, e malia que poden ser documento útiles nalgúns casos, non son nin por asomo tan beneficiosos para facer unha avaliación (ou para que o alumnado realice a súa propia autoavaliación). Falamos dos baremos.
Non fai falta ser un xenio para apreciar a principal diferencia entre unha rúbrica e un baremo, xa que este último non inclúe descritores en cada cadro que nos permitan (a nós e ó noso alumnado) entender ben os puntos a avaliar. Ter esta descrición dispoñible é algo básico para non deixar nada ó azar ou á valoración subxectiva do docente. Os criterios deben estar ben especificados e ser os mesmos para todo o alumnado, e o ideal e que elaboremos a rúbrica co noso alumnado, o que nos da a posibilidade de debater con eles algúns puntos, explicar ben os elementos a valorar, e asegurarnos de que comprenden ben o que se lles pide.
As rúbricas non son o único elemento que nos axuda a avaliar ó noso alumnado (ou mesmo a nosa propia labor docente). As charlas directas co alumnado, os diarios de traballo, os cadernos de clase, as probas e cuestionarios... Debemos ter en conta tamén as diferentes ferramentas online que nos permiten avaliar ó grupo aula en conxunto ou ó alumnado de xeito individual dun modo máis participativo e dinámico, como Quizizz.
Para rematar, deixo aquí un exemplo de rúbrica (elaborada durante a sesión da materia na que traballamos estes conceptos) para avaliar unha actividade en grupo para realizar nunha aula de 4º da ESO. A actividade consiste na realización dun cartel cun diagrama de Venn sobre elementos típicos da propia cultura e elementos de culturas alleas (especificamente de países de lingua inglesa) e unha exposición oral para presentarlle o cartel ó resto da clase. Podemos empregar rúbricas para avaliar o cartel, a presentación oral, o traballo en grupo e mesmo podemos entregar unha rúbrica de autoavaliación para que cada integrante poida ver se a idea que ten do seu traballo coincide coa opinión que hai por parte do resto de integrantes (coavaliación).
Póñovos de exemplo a rúbrica que elaboramos para avaliar esta actividade, redactada de cero polo grupo de traballo no que estiven. Como podedes ver, neste caso, a avaliación vai da man dunha cualificación (por iso indicamos o peso que ten cada criterio na nota final asignada a esta actividade).
Espero que esta entrada aclare algunhas dúbidas que poidades ter con respecto ós diferentes tipos de avaliación e ó uso das rúbricas e dos baremos. Tamén vos deixo por aquí o enlace ó banco de rúbricas CEDEC que vos pode ser de axuda, e unha ficha sobre cómo aplicar a ladder of feedback para estruturar as coavaliacións.
Saudiña,
Alba
Pero ollo! Pola rede hai algúns documentos disfrazados de rúbricas que tentarán enganarvos para que confiedes neles coa mesma forza coa que confiades nas rúbricas, pero sede conscientes de que non son a mesma cousa, e malia que poden ser documento útiles nalgúns casos, non son nin por asomo tan beneficiosos para facer unha avaliación (ou para que o alumnado realice a súa propia autoavaliación). Falamos dos baremos.
![]() |
| Baremo que se fai pasar por unha rúbrica |