Sesión do 21 de novembro
Durante a sesión do 21 de novembro da materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional tratamos varios temas bastante teóricos relacionados co deseño curricular e a lexislación en materia educativa mediante o traballo cooperativo e a gamificación.
A primeira actividade da clase estivo baseada no traballo en grupos de xeito piramidal (primeiro en parellas, logo en grupos de catro persoas, e finalmente en grupos de oito persoas) para responder a preguntas básicas sobre que é o currículo, cales son os seus elementos, cales son as competencias básicas e cales son os niveis de concreción curricular. O alumnado da clase tiña os conceptos bastante frescos grazas ás materias previamente cursadas, polo que a actividade se desenvolveu de xeito fluído e os resultados foron satisfactorios. Entre toda a clase se alcanzou un consenso sobre as respostas ás preguntas e se aclararon as poucas dúbidas que podía haber sobre estes temas (Preme aquí para acceder ó diario desta sesión).

A continuación, para repasar o contido teórico máis denso, participamos nunha partida de Kahoot con 24 cuestións sobre as competencias dos responsables nos diferentes niveis de concreción curricular.
Malia que dende o punto de vista do profesorado o Kahoot semella ser un xeito ameno e dinámico de traballar contidos, coido que o pouco tempo que hai para responder a cada pregunta propicia que os resultados acadados non sexan tan satisfactorios como poderían ser con outros métodos de avaliación (tendo en conta que canto máis tempo se tarde en responder, menos puntuación se obtén). A velocidade de lectura, comprensión e resposta non é igual para todo o alumnado, e debemos ter esta diversidade en conta á hora de planificar as clases. O Kahoot premia as respostas rápidas, polo que pode supoñer estrese, ansiedade ou mesmo un bloqueo para o alumnado que funciona a un ritmo máis pausado. Ademais, a súa compoñente visual é tan importante que supón unha barreira case infranqueable para o alumnado con discapacidade visual, algo que tamén debemos ter en conta á hora de querer empregar esta ferramenta nas nosas clases.
Despois deste repaso xeral ós conceptos e normativas básicas realizamos unha actividade en grupos reducidos. O docente repartiu entre os grupos unha serie de preguntas a responder sobre os contidos da LOMCE con respecto a ensinanza de linguas estranxeiras (horas adicadas á primeira e segunda lingus aestranxeiras, principios metodolóxicos, obxectivos xerais, avaliación... para ESO, Bacharelato e Formación Profesional). O obxectivo da actividade foi que aprendésemos de xeito colaborativo, mediante exposicións por grupos ante o resto da clase para poñer en común as respostas a estas preguntas (as exposicións terán lugar ó comezo da próxima sesión de aula).
En conclusión, as actividades fixeron que unha sesión de 4 horas se puidese desenvolver de xeito ameno, sen facerse moi pensada nin sobrecargar ó alumnado de información. Aínda así, é preciso realizar un repaso do temario visto na clase de xeito autónomo para aclarar as dúbidas que se poidan ter e interiorizar o aprendido.