Sesión do 21 de novembro
Nesta entrada traiovos os contidos que tratamos na materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional durante a sesión do día 21 de setembro (preme aquí para coñecer as actividades que se empregaron para tratar estes contidos). Repasamos o establecido pola LOMCE sobre o currículo; as competencias educativas exercidas polas diferentes administracións para establecer o mesmo e, finalmente, repasamos ó establecido pola LOMCE con respecto á ensinanza de linguas estranxeiras. A continuación déixovos as respostas ás preguntas que se nos fixeron durante esta actividade para que saibades de que falamos como introdución:
-Que é o currículo? É a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensinanza-aprendizaxe para cada unha das ensinanzas.
-Cales son os elementos do currículum? Obxectivos, contidos, metodoloxía didáctica, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias.
-Cales son as competencias básicas que recolle o currículo? Comunicación Lingüística (CCL), Matemática e Básica en Ciencias e Tecnoloxía (CMCT), Dixital (CD), Aprender a Aprender (CAA), Conciencia e Expresións Culturais (CCEC), Conciencia Social e Cívica (CCSC), Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor (CSIEE).
-Cales son os niveis de concreción curricular? No 1º nivel está a normativa promulgada polas Administracións; no 2º nivel están o Proxecto Educativo do Centro e o Proxecto Curricular; no 3º nivel está a programación didáctica de cada docente; e no 4º nivel estarían as adaptacións curriculares significativas (aínda que sobre este punto non hai consenso, xa que as estas adaptacións están contidas nas programacións didácticas e polo tanto pertencerían ó 3º nivel de concreción).
![]() |
| Contidos da páxina da EACEA |
Para finalizar a sesión, realizamos de xeito colaborativo un resumo do que establece a LOMCE no ensino de linguas estranxeiras na ESO, no Bacharelato e na FP: os seus principios, obxectivos, características, metodoloxía... A información figura recollida na Lei Orgánica 8/2013 para a mellora da calidade educativa, mais non existe un apartado no que se poida atopar toda xunta. Este traballo de aula foi moi beneficioso xa que puidemos crear entre todas un documento coa información relevante para a nosa área de interese, coa toda información recollida de xeito claro é organizado.
En xeral, estábamos familiarizados de cos contidos tratados durante esta sesión xa que como docentes debemos coñecer os textos legais que condicionan a nosa labor, pero sempre os estudamos en xeral, sen pararnos a extraer exclusivamente as partes de interese para o profesorado de linguas estranxeiras, polo que esta sesión foi moi beneficiosa para o alumnado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario