Boas!
Hoxe traio unha entrada adicada a un reto para desenvolver con alumnado de secundaria coa fin de darlle vida ó seu centro educativo. O obxectivo principal deste tipo de proxectos é que o alumnado goce aprendendo e implicándose activamente na vida do centro.
Cada mes, diferentes grupos de alumnos deben traballar para desenvolver un proxecto relacionado cun tema escollido por eles mesmos (coa axuda do profesorado). Por exemplo, neste reto o tema elixido polo alumnado foi a vida no Reino Unido durante a década dos 70. O profesorado debe establecer un esquema organizativo para o desenvolvemento das actividades relacionadas co reto, que rematará cunha mostra, festival ou actuación no centro educativo o último día de clases do mes elixido.
Neste reto participa alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, cada grupo cunha tarefa específica para organizar a actuación de final de mes de xeito colaborativo. O proxecto God save the Queen traballa de xeito integrado as materias de Xeografía e Historia, Plástica, Educación Física, Música e Inglés.
-O alumnado de Xeografía e Historia deberá investigar para recopilar a información necesaria
-O alumnado de Plástica debe crear atrezzo, murais, carteis...
-O alumnado de Plástica debe crear atrezzo, murais, carteis...
-O alumnado de Educación Física debe aprender sobre xogos ou deportes practicados durante a década dos 70 no Reino Unido, para poder organizar espazos para prácticar estes xogos ou deportes de cara á actuación de fin de curso.
-O alumnado de Música debe seleccionar unha canción relacionada co tema do proxecto mensual para interpretala na actuación de final de mes.
-O alumnado de Inglés debe supervisar a redacción dos textos, da cartelaría e de calquera documento escrito en inglés, así como traducir algúns dos textos redactados polo alumnado de Xeografía e Historia.
Este proxecto tamén incita á participación das familias, xa que durante o festival se montará un posto con comidas típicas do Reino Unido preparadas por familias e profesorado voluntario.


A continuación deixo algunhas das actividades de introdución e desenvolvemento para este proxecto.
-Cantos países nos que se fale principalmente en inglés coñece o voso alumnado? Cantos dos que aparecen marcados no mapa credes que poden identificar?
- De que están feitos estes pratos británicos típicos? Descobre canto sabe o teu alumnado sobre a cociña británica con esta breve actividade
-Que cousas non se podía ou non se debía facer no Reino Unido dos anos 70? Para que o alumnado practique as construccións necesarias para responder correctamente a esta pregunta, podedes empregar este breve exercicio sobre o uso de Must/Mustn't/Should/Shouldn't
Finalmente, deixo aquí un exemplo de documento que podedes empregar como introdución á materia, para que o alumnado traballe vocabulario mediante a lectura.
Espero que estes recursos e actividades vos sirvan de inspiración para que organicedes proxectos especiais co voso alumnado.
Saudiña,
Alba!
Ningún comentario:
Publicar un comentario