venres, 22 de novembro de 2019

TEMA 4: COMPETENCIAS DO MCER

O grao de dominio dunha lingua estranxeira está condicionado polas competencias que ten o alumnado. Estas competencias poden clasificarse en competencias xerais e competencias comunicativas da lingua.
As competencias xerais son as que non están exclusivamente relacionadas coa lingua, senón que teñen un papel en accións de todo tipo. Son catro: coñecemento declarativo (saber); destrezas e habilidades (saber facer); competencia existencial (saber ser); capacidade de aprender (saber aprender).

As competencias comunicativas son aquelas que fan posible que unha persoa actúe empregando especificamente medios lingüísticos. Podemos clasificalas en competencias lingüísticas (léxica, gramatical, fonolóxica, ortográfica e ortoépica); sociolingüísticas (marcadores lingüísticos de relacións sociais, normas de cortesía, expresións populares, diferencias de rexistro, dialecto e acento) e pragmáticas (discursiva ou funcional).

O alumnado da aula traballa as competencias mediante a realización de tarefas e actividades na aula. Dependendo do tipo de tarefa ou actividade, actívanse unhas ou outras competencias, e como hai moitos tipos de tarefas, hai tamén moitos xeitos de aprender.

Pero non todo o alumnado é igual, cada persoa ten as súas propias características cognitivas, afectivas e lingüísticas que precisan unha atención única. Vexamos como se pode adaptar o  enfoque comunicativo ó alumnado con baixa autoestima.









A autoestima do alumnado inflúe no seu proceso de aprendizaxe, na súa implicación, na súa capacidade creativa, na súa autonomía persoal e na súa capacidade para establecer relacións sociais satisfactorias.

O alumnado con boa autoestima mostra maior motivación e ganas de participar nas tarefas e actividades, adoita ser extravertido e lle gusta aprender mediante a gamificación. O alumnado que ten unha autoestima baixa é indeciso, non se valora a si mesmo, ten medo ás novas experiencias, é tímido, pasivo, cústalle aceptar as críticas, é pesimista, evita participar en actividades grupais, dáse por vencido moi cedo... polo que adoita ser un pouco máis introvertido e non funciona ben en xogos ou actividades competitivas na aula. En xeral teñen medo a facer o ridículo, quedar mal diante dos seus compañeiros, que os rexeiten...

Como docentes debemos saber que moitas veces un alumno ou alumna pensa que é "malo en inglés" cando en realidade non é así. Os fracasos na aula, as dificultades para pronunciar determinadas palabras... poden ser suficiente para que se reafirmen na idea que teñen de que o inglés non é o seu.

Nestes casos, que podemos facer nós como docentes? Debemos ter en conta as características deste alumnado, porque a lingua apréndese usándoa, e para isto é preciso interactuar. Debemos deseñar actividades variadas, que satisfagan as necesidades de todo o alumnado para que traballen as competencias necesarias de xeito continuo, para poder afianzar o aprendido.

Mediante as actividades individuais o alumnado máis introvertido pode traballar tranquilo e ó seu ritmo para acadar bos resultados, algo que axudará a subir a súa autoestima. Pódense facer xogos ou actividades online individuais para traballar contidos: tests, vídeos para practicar pronuncia, encrucillados, ditados, lecturas... Durante as súas intervencións na clase, debemos felicitalos e animalos a seguir participando. Debemos darlles notas ou apuntes de xeito construtivo, sen sobrecorrixir os erros que cometan para evitar que empeoren a idea que teñen de si mesmos.

Coas actividades grupais esporádicas poderemos avaliar como cambian as respostas en función de se se traballa só/a ou en grupos, e poderemos ver a evolución do alumnado máis tímido cara a confianza en si mesmos. Mais coidado, non debemos abusar deste tipo de actividades nin premer ó alumnado para que realice tarefas nas que non se sente cómodo se queremos obter o mellor de eles.

Introverts and extroverts


Para concluír, o que debemos conseguir e que estean en contacto coa lingua, que vexan vídeos, lean textos que lles interesen, escriban historias, que interactúen dalgún xeito entre eles. É preciso que empreguen constantemente a lingua, sen medo a se equivocar para aprender mediante a experiencia. Debemos reducir o número de clases teóricas sobre a lingua, e favorecer as clases nas que se use a lingua para que poidan traballar as competencias e afianzar aprendizaxes, xa sexa sós/soas ou en grupo.

O seguinte extracto do libro Art&Fear: Observations  On The Perils (and Rewards) of ARTMAKING exemplifica perfectamente a idea á que nos referimos:

The ceramics teacher announced on opening day that he was dividing the class into two groups. All those on the left side of the studio, he said, would be graded solely on the quantity of work they produced, all those on the right solely on its quality. His procedure was simple: on the final day of class he would bring in his bathroom scales and weigh the work of the "quantity" group: fifty pounds of pots rated an "A", forty pounds a "B", and so on. Those being graded on "quality", however, needed to produce only one pot -albeit a perfect one- to get an "A". Well, came grading time and a curious fact emerged: the works of highest quality were all produced by the group being graded for quantity. It seems that while the "quantity" group was busy churning out piles of work -and learning from their mistakes- the "quality" group had sat theorizing about perfection, and in the end had a little more to show for their efforts than grandiose theories and a pile of dead clay. (Bayles e Orland, 2010, p. 29)


4 comentarios:

Alba López Villaumbrales dixo...

Ola, Alba! Que tal?
En primeiro lugar, gustaríame dicirche que me gustou moito a túa entrada, pois é un tema moi interesante e fundamental que tratamos poucas veces neste mestrado. Concordo contigo en que a autoestima do alumnado inflúe directamente en como aprende e que, polo tanto, deberíamos ter moi en conta coma docentes, sobre todo na ensinanza de linguas estranxeiras e se empregamos unha metodoloxía cun enfoque comunicativo, coma ti mencionas.
Nesta metodoloxía dáselle moita importancia á participación oral, xa sexa en presentacións, debates, roleplays, etc. e ao traballo colaborativo, en grupos ou parellas, e isto pode resultar un problema para un alumno con unha autoestima baixa ou que sexa introvertido. Penso que o primeiro que debemos facer coma docentes dunha lingua estranxeira é coñecer ao noso alumnado, coma ti ben dis, e, en segundo lugar, establecer un bo ambiente na aula, de confianza e de seguridade, reforzando positivamente a todos os alumnos para que se animen a participar e se sintan cómodos.
Estou de acordo contigo en que debemos deseñar actividades diversas adecuadas ás características de toda a clase para que todos teñan a oportunidade de aprender ao seu ritmo e da maneira máis axeitada. Certo é que as actividades en grupo son precisas na clase de linguas estranxeiras, xa que é complicado adquirir unha lingua sen interacción. Con todo, podemos adaptalas para que aqueles alumnos introvertidos lles saquen máis partido e non lles collan medo, coma soe pasar. Por exemplo, podemos deseñar presentacións orais máis abertas, nas que o alumnado escolla o formato que prefira ou incluso reducir a cantidade de público, ofrecerlles máis tempo para reflexionar, empregar temas que lles interesen ou que poidan escoller o tema do que queren falar, etc. Ademais, penso que unha boa solución para as dinámicas de grupo é dar responsabilidades concretas a cada membro do grupo, posto que así aseguraremos a participación da persoa introvertida e evitaremos que aquelas extrovertidas “pasen por enriba”. Ti que opinas?
Que teñas moi bo día!

AG dixo...

Boas Alba!
Antes de nada, moitas grazas polo teu comentario, apuntas algunhas cousas moi interesantes. Xa sabemos que, como docentes, a veces temos que "forzar ó alumnado" a interactuar na clase, porque se lles deixamos escoller, aquelas persoas máis introvertidas ou con baixa autoestima elixiarían non participar nunca. Por iso me parece moi interesante o que comentas sobre os traballos en grupo. Moitas veces o alumnado é tímido diante do/a profesor/a, pero non o é tanto cos seus compañeiros de aula. Se favorecemos o traballo en grupos,asignándolle a cada membro unha responsabilidade concreta (como ti ben dis), e lles pedimos que se comuniquen en inglés, os resultados poden ser máis satisfactorios ca coa realización de exposicións orais na clase (por exemplo).
Alén disto, coido que tamén sería interesante xuntar ó alumnado máis extravertido con aquelas persoas introvertidas e tímidas, para que traballen en equipo, compartindo as súas estratexias de aprendizaxe e axudándose mutuamente.
Pero, como xa dixen, favorecer este tipo de actividades non debe eximir da realización de exposicións orais ou outras actividades que poidan supoñer nervios ou ansiedade para o alumnado. A etapa educativa é o momento de aprender equivocándose para poder chegar á vida adulta con seguridade en nós mesmos e nas nosas capacidades. A clave está, polo tanto, en establecer un equilibrio na realización de actividades para asegurar que o alumnado non lle "colle manía" á materia por forzalo a interactuar en exceso,e que non se acomoda nunha metodoloxía que non lle esixe nada e que polo tanto estanca a súa aprendizaxe.

Saudiña!
Alba Gil

Julia dixo...

¡Hola, Alba!

Tu entrada me ha parecido muy interesante y me ha hecho recordar mis años como alumna de instituto. Recuerdo que a veces los profesores parecían olvidar las diversidades del alumnado y las dificultades que algunos teníamos para enfrentarnos a las exposiciones orales, poniéndonos frente al aula y el resto de estudiantes. En mi caso, el problema no era solo con inglés, sino que se extendía a todas las materias, el pánico escénico me paralizaba y las risas de compañeros solo empeoraban la situación.

Considero que, como docentes, debemos conocer a nuestro alumnado, saber comprender sus dificultades y nunca exponer a las personas a situaciones que mentalmente puedan afectarles de forma grave. A mí, personalmente, me daban ataques de ansiedad y episodios disociativos, algo que experimenté de nuevo en mi defensa del TFG. No digo que a este tipo de alumnado haya que excusarlo de ciertas eactividades que, por supuesto son imprescindibles para su formación, pues yo coincido en que la comunicación oral es fundamental en el aprendizaje de una lengua. Lo que sí considero, y me gustaría saber si tú opinas lo mismo, es que, como profesoras, vamos a tener cierto nivel de flexibilización en la forma de presentar las actividades a nuestro alumnado, por lo que a mí me parecería una buena opción hacer que este tipo de estudiantes se enfrenten a ese "miedo" de una manera más gradual (tal vez con entrevistas individuales primero con la profesora, más adelante en grupos reducidos, después exposiciones desde su asiento y, finalmente una exposición frente a la clase). De esta manera podrían acostumbrarse poco a poco e ir ganando la confianza que necesitan.

Sé que es bastante laborioso y que supone un trabajo mayor para el profesorado, pues habría que reconocer estos problemas, secuenciar el progreso e ir comprobando los progresos; pero creo que a fin de cuentas también es una de nuestras responsabilidades cuidar de la salud mental de nuestro alumnado y no exponerle a situaciones que puedan ponerla en peligro de forma innecesaria.

¿Qué opinas tu? ¿Estoy siendo demasiado sobreprotectora por mi propia experiencia? También podría ser.

Un abrazo y perdón por el speech jaja

¡Y felicidades por tu entrada!

AG dixo...

Ola, Julia!
Coido eu que todo o que paga pena leva moito traballo, e se estamos a falar da autoestima, confianza e saúde mental do noso alumnado a importancia é máxima (na miña opinión). Mais se cadra eu tamén estou moi condicionada pola miña propia experiencia.
Como docentes coñecemos a centos (por non dicir miles) de alumnos/as durante toda a nosa vida laboral. É doado acabar por despersonalizalos, esquecer que o que para nós é rutina para eles é algo novo, diferente, ás veces intrigante e ás veces agoniante. Acaban por ser unha cara máis que se ve durante anos e se esquece nuns minutos. E actuamos en consecuencia. Non temos en conta as súas necesidades, intereses, limitacións, problemas... acabamos por facer o máis doado, rápido ou efectivo para nós e esquecemos que as súas vivencias son a base sobre a que constrúen a súa personalidade e que, en última instancia, define o tipo de persoa que serán no futuro.
Non creo que sexa extremadamente laborioso, na ensinanza de inglés, ofrecerlle ó alumnado varias opcións como as que propós ti para as presentacións/exames orais. Obviamente, ten que haber unha evolución progresiva para que o alumnado sexa quen de falar en público sen que iso lle supoña ansiedade. Se isto se fixese co alumnado máis novo, igual o número de persoas con problemas deste tipo diminuiría considerablemente en cursos superiores. E non so iso, coido que este tipo de actuacións tamén contribuirían a diminuír o rexeitamento que algúns alumnos e alumnas poidan sentir cara determinadas materias.

Graciñas por contar a túa historia, que é un claro exemplo de por que é tan necesario coñecer ás PERSOAS que temos na aula (e póñoo e maiúscula porque hai quen aínda non entende que son iso, persoas).

Saudiña,
Alba!