Sesión do 28 de novembro
Ola compas!
Nesta entrada tráiovos un repaso do visto na sesión de As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional do día 28 de novembro, na que seguimos traballando co establecido pola LOMCE sobre o ensino de linguas estranxeiras na ESO, no Bacharelato e na FP, e afondamos un pouco máis no que establece para o ensino de linguas nas Escolas Oficiais de Idiomas.
En concreto, nesta clase rematamos a última actividade da sesión do 21 de novembro cunha presentación do traballo realizado por cada grupo reducido sobre o establecido pola LOMCE con respecto ó ensino de linguas estranxeiras na ESO, o Bacharelato e na FP. Como xa mencionei na entrada de diario anterior, toda a información figura recollida no texto da Lei, mais está repartida en diferentes apartados, polo que a creación dun documento que a recolla toda organizada é moi beneficioso.

![]() |
| Grade de avaliación de presentacións individuais - Gonzalo Constela |
A continuación realizamos unha actividade para traballar contidos relacionados coa ensinanza de idiomas de réxime especial. Esta ensinanza corresponde ás Escolas Oficiais de Idiomas (EE.OO.II), que principalmente ofrecen cursos e probas de nivel para as linguas oficiais dos Estados membro da UE, para as linguas cooficiais de España, para algunhas linguas relevantes por razóns económicas, sociais ou culturais e para español como lingua estranxeira. Mais non todas as EE.OO.II teñen a mesma oferta de linguas, por exemplo, en Galicia ningunha ofrece curso de lingua éuscara ou catalá (por citar algunhas, comparemos a oferta da EOI Jesús Maestro, de Madrid, coa da EOI da Coruña).
A última actividade do día consistiu na realización dunha presentación colaborativa, na que cada persoa da clase tiña que buscar información sobre un contido concreto con respecto á organización das Escolas Oficiais de Idiomas (organización dos niveis, principios metodolóxicos, métodos de acceso e de realización de matrícula, avaliación e promoción, currículo, probas de certificación, probas de progreso e probas de promoción). O funcionamento das aulas de idiomas nas EE.OO.II non é igual ca nos colexios e institutos. Dende primaria até o bacharelato, o alumnado pasa 12 anos da súa vida aprendendo inglés de xeito pausado e pouco interactivo (e chega como moito a adquirir un nivel B1 non certificado, o que quere dicir que tarda de media catro anos en avanzar cada nivel). As Escolas Oficiais de Idiomas ofrecen cursos para cada nivel (de A1 a C1) que, dependendo do centro e da lingua que se estea a cursar, poden durar entre 1 e 3 anos. Ademais, a metodoloxía empregada nas Escolas Oficiais de Idiomas é moito máis interactiva ca na educación básica e na secundaria, polo que as aprendizaxes realizadas son máis significativas e duradeiras. (Para saber máis sobre as probas das EE.OO.II e as de outras institucións).
En definitiva, a ensinanza de linguas varía moito dependendo do tipo de educación, polo que é preciso coñecer o que establece a lei para cada caso específico.
En definitiva, a ensinanza de linguas varía moito dependendo do tipo de educación, polo que é preciso coñecer o que establece a lei para cada caso específico.