Ola
compas!
Nesta
entrada traio a análise dunhas actividades moi interesante que
realizamos durante as últimas sesións de As Linguas Estranxeiras no
Contexto Español e Internacional. Debo dicir que sobre este tema
(malia que andabamos un pouco perdidos nalgúns conceptos), sabiamos
bastante grazas á materia de Deseño Curricular e Organización
de Centros Educativos na que traballamos arreo estes contidos.
Así
que, logo de repasar algúns conceptos relacionados coas programacións didácticas, as unidades didácticas e as programacións de aula para o concurso-oposición, fixemos unha primeira actividade na que tivemos que avaliar unha programacion didáctica da materia de inglés (dun curso e centro da nosa elección) empregando a rúbrica usada nas oposicións. Comparto con vós a continuación a programación didáctica que avaliou o meu grupo e a análise que fixemos. É preciso comentar que a nota que aparece ó final da presentación non ten en conta a defensa oral do traballo (algo obvio, xa que era una actividade de clase e ningún autor das programacións puido facer unha defensa oral) e que as notas outorgadas foron dadas atendendo ó establecido na rúbrica. A grade de avaliación orienta, mais non prescribe unha nota, polo que para alguén sen experiencia traballando con este documento pode resultar confuso. O resultado (aplicando literalmente o que pon na rúbrica) foi unha nota moi baixa, pois os parámetros ós que ten que atender o tribunal de corrección semellan bastante restritivos. En realidade a rúbrica é bastante aberta, mais precisa da interpretación do tribunal, baseada na súa ampla experiencia, para avaliar correctamente as programacións.
Para
que saibades un pouco mellor de que estou falando, déixovos aquí a rúbrica para corrixir tanto Programacións Didácticas como Unidades Didácticas, e anímovos a que fagades a proba de tentar asignar unha
puntuación a calquera programación didáctica que atopedes por
internet (mais aviso, do que se pide para o concurso-oposicións ás
programacións didácticas que se encontran na rede hai un mundo de diferencia).
En xeral, estas actividades resultaron moi instrutivas, xa que saber aplicar a rúbrica das oposicións ó noso propio traballo axúdanos a facer programacións de callidade aínda mellores. Isto puidémolo comprobar coa Unidade Didáctica que tivemos que deseñar, na que traballamos con rapidez en parellas de xeito satisfactorio (pese ó pouco tempo que tiñamos). Esta última actividade tamén serviu para achegarlle un pouco máis ó alumnado o que se pide no concurso-oposición para as EOI, que é algo diferente do que se pide para ESO, Bacharelato e FP.
Co gallo do concurso-oposición, déixovos aquí un enlace a un blog que coido que explica moi ben todos os elementos das programacións didácticas, por se vos for de axuda para os vosos traballos.
Saudiña,
Alba.
2 comentarios:
¡Hola, Alba!
Estoy totalmente de acuerdo con lo que dices en tu entrada. Para mí, la sesión en la que tratamos las oposiciones fue una de las más instructivas de la materia. En mi caso personal, incluso he pasado de negarme rotundamente a hacerlas a planteármelo porque las veo mucho más asequibles. También coincido con lo interesante que fue poder hacer nosotras de tribunal en la primera actividad. Tener acceso a la rúbrica real que se emplea para evaluar las programaciones de las oposiciones hace que se vea como algo mucho más factible y menos abstracto. En mi opinión esa actividad nos ha servido como acercamiento crítico a las programaciones (que todavía no habíamos trabajado) y nos ayudó a verlas como algo concreto, con puntos y apartados con los que debe contar. Yo antes pensaba en las programaciones como un ente abstracto e informe creado básicamente a partir de una serie de unidades didácticas, puestas un poco a boleo. Ahora entiendo mucho mejor lo que se espera de una buena programación y, tras la actividad, lo que no debe ser o tener una programación y lo que no puede faltar en ella. ¿Estás de acuerdo conmigo? En un principio estas sesiones se me habían hecho más tediosas porque las actividades no eran tan dinámicas como al principio, pero visto en retrospectiva, considero que, a nivel personal, necesitaba mucho más tratar los contenidos del tema 6 porque tenía grandes carencias de conocimiento sobre las oposiciones y las programaciones.
Dicho esto, me gustaría felicitarte, no solo por esta entrada, sino por el trabajo que has hecho en todo tu blog, pues me parece brillante.
¡Abrazos!
Julia.
Ola, Julia!
Graciñas polo comentario e polas boas palabras con respecto ó meu blog :)
Coincido completamente, unha vez pasado o estrese das clases e valorando todo en restrospectiva, estas últimas sesións foron as máis produtivas. Tamén pode ser que o primeiro tema que vimos con Gonzalo xa nos era coñecido, traballámolo noutras materias e case estamos cansas del, mentres que os últimos temas foron algo novo e interesante que fomentou o debate e a participación no desenvolvemento das clases.
Unha sorte poder ver tan en profundidade os detalles do proceso de concurso-oposición e poder aclarar as dúbidas que tiñamos.
Saudiña,
Alba
Publicar un comentario