mércores, 18 de decembro de 2019

Diario 3 - TEMA 6

Ola compas!

No tema 6 da materia As linguas Estranxeiras no contexto Español e Internacional, entre outras cousas afondamos un pouco máis nun tema tan interesante como é o das "oposicións", necesarias para sermos docentes. Vimos a división das probas e algúns aspectos a ter en conta... E digo "oposicións" porque en realidade se trata dun concurso-oposición, un proceso en dúas partes (aínda que poida parecer redundante): oposición e concurso.

Oposición no Dicionario da Real Academia Galega

A fase de oposición consiste na realización de dúas probas que á súa vez están divididas en dúas partes. A primeira parte (60%) da primeira proba consta duns exercicios prácticos relacionados coa especialidade da que nos examinamos. A segunda parte (40%) desta proba consiste no desenvolvemento por escrito dun tema (elixido polo candidato/a de entre cinco opcións propostas polo tribunal) e a posterior lectura da proba ós membros do tribunal para unha primeira toma de notas. Para superar esta parte hai que obter como mínimo 25/100 en cada proba.

segunda proba consiste na presentación e defensa dunha programación didáctica (40%) de elaboración propia. Para esta parte é moi importante ter claro o que menciono nesta entrada xa que debemos especificar obxectivoscompetenciascontidosmetodoloxía didácticacriterios de avaliación e estándares de aprendizaxe e debemos telos moi claros. O/a candidato/a é quen elixe o curso para o que realizar a súa programación (sempre que sexa pertinente), e deberá organizar o documento en 15 unidades didácticas numeradas (como mínimo). Todo o documento (sen anexos, portada e contraportada) non pode superar as 60 páxinas a unha cara, a dobre espazo, tipografía Arial a 12 puntos. Finalmente, a última parte da proba (coñecida como encerrona) implica a exposición oral dunha soa unidade didáctica (60%). 

A cualificación da parte de oposición é a media aritmética das notas obtidas nas diferentes probas.
Concurso no Dicionario da Real Academia Galega 

Na parte de concurso téñense en conta os méritos de cada candidato/a: cursos complementarios, mestrados (sen contar o de profesorado que é necesario para realizar a oposición), certificacións de nivel de idioma, nota do expediente académico, experiencia no estranxeiro... é importante que esteamos ben informados tanto de como conseguir puntos ata do máximo de puntos que podemos obter en cada apartado (7 puntos de experiencia docente previa, 5 puntos de formación académica e 2 puntos por outros méritos).
Neste link, a partir da páxina 25, tendes todo específicado con detalle. Tamén vos recomendo a lectura desta guía elaborada pola Secretaría de Xuventude de FECCOO que recolle as 39 preguntas máis realizadas por quen se presenta ó concurso-oposición por primeira vez. 

A grandes trazos o proceso de concurso-oposición pode semellar agoniante, e probablemente o sexa. Moitas probas, exposicións, preparacións, programacións, formación constante e traballo para conseguir os tan cobizados puntos para a fase de concurso... pero alén de toda a preparación previa tamén é moi importante a imaxe que damos de nós mesmos ó tribunal, polo que é debemos acudir aseados, ben vestidos e transmitir unha imaxe de seriedade e confianza en nós mesmos.  Sobre todo debemos ir tranquilos, que xa sabemos que os nervios xogan malas pasadas. Para axudarvos nesta labor aquí vos deixo os 10 erros frecuentes que nos poden custar as oposicións e que son moi sinxelos de evitar.

Non deixedes de pasar pola entrada de dosier desta sesión, para ver os contidos que traballamos mediante actividades de clase relacionadas co concurso-oposición, e pola entrada de Julia sobre esta sesión, que afonda un pouco máis nalgúns conceptos moi interesantes.

Se estades a preparar o concurso-oposición, moito ánimo e forza!

Saudiña, 
Alba. 



4 comentarios:

Uxía Piñeiro Ogando dixo...

¡Hola Alba, compañeras y compañeros!

Antes de nada, ¡¡¡MIL GRACIAS por haber explicado tan bien el proceso de concurso-oposición!!! En internet existe muchísima información al respecto, pero tanta cantidad a veces nos abruma... y tú has logrado explicar en tu entrada las claves y la información más relevante sobre ese proceso que nos provoca tanto miedo.
Me parece muy importante tu puntualización sobre la imagen que debemos proyectar al tribunal y que, como la consieraba evidente, no me había parado a pensar. Aunque algunas cuestiones sobre la imagen y la buena actitud pueden resultar obvias, nunca está de más recodar que esa defensa es una parte vital del proceso. Al igual que asistimos a entrevistas de trabajo con una buena imagen personal - física y actitudinal: como mostrar confianza en nosotras mismas - delante del tribunal de unas oposiciones debemos comportarnos de la misma manera. Podemos tener un curriculum vitae completísimo, pero si no calamos con nuestra personalidad en las personas que nos están entrevistando, no conseguiremos el puesto de trabajo. Y lo mismo ocurre en las oposiciones: debemos demostrar las grandes profesoras que podemos llegar a ser.
Muchas gracias de nuevo por tu entrada, realmente me ha hecho reflexionar sobre aspectos que daba por hecho.
¡Un saludo!

AG dixo...

Ola, Uxía!
Graciñas polo teu comentario :)
A verdade é que eu tiña un pouco de lio na cabeza con respecto ó proceso de concurso-oposición. Pero non hai como ter que sentarse a explicar algo para forzarse a unha mesma a entendelo ben.
Como dis ti, por internet hai unha morea de información que moitas veces desorienta máis que orientar (documentos e publicacións desactualizadas, información mesturada de varios países hispanofalantes con sistemas diferentes...). Coido que durante as materias que cursamos neste mestrado repasamos bastante os contidos dunha programación, os elementos que debe conter, a súa redacción, extensión, organización, etc. pero penso que nunca nos paramos a analizar o propio proceso do concurso-oposición, a súa estrutura e o que se espera de nós como candidatos/as.
Se ben entendo e comparto que a primeira impresión é algo importante, hai algunhas cousas que me chamaron a atención con respecto ás recomendacións que se dan para mellorar a imaxe dos candidatos/as, como non levar as unllas pintadas. Coido que isto é mostra de que o estamento educativo aínda é bastante conservador e superficial nos temas estéticos, e estaría ben ter a oportunidade de debater na clase a importancia de manter unha boa imaxe persoal dentro do estilo de cada un/a, sen tentar converter ós candidatos/as en copias desnatadas, descafeinadas e sosas de si mesmos/as. É incoherente querer agochar a personalidade dos/das docentes (coma se fosen seres sen gustos, paixóns ou intereses) ó tempo que se pretende potenciar a autonomía do alumnado, o respecto polos demais e a súa autoestima.

Saudiña, Alba

Carla Marin dixo...

Hola Alba!

Quería empezar felicitándote por la manera tan clara y concisa en la que has resumiendo un tema tan complejo y extenso. Tu entrada me ha parecido muy completa y útil.

Dicho esto, quería dar mi opinión sobre la fase de concurso. Por una parte, entiendo que se premie la experiencia, sin embargo la manera en la que se valoran los méritos no me parece óptima. Me explico: creo que perjudica a las personas que salen de la universidad y se enfrentan a las oposiciones sin un gran CV de méritos a sus espaldas. Creo que la falta de experiencia no quiere decir no vayan a ser buenos docentes.

Además, tampoco veo del todo justo que baremen los conocimientos musicales, de danza o incluso de idiomas, por muy acreditados que estén, sino son requeridos para ese puesto concreto. Está bien que a un profesor de música le puntúen los años invertidos en el conservatorio, sin embargo no veo porque a uno de matemáticas le puntúan sus conocimientos musicales.

Me encantaría saber cuál es tu opinión al respecto! Una vez más muchas gracias por esta clase magistral que nos has dado en esta entrada. Un saludo!

AG dixo...

Ola, Carla!
Graciñas polo teu comentario, a verdade é que entendo o que dis con respecto ó tema dos méritos, pero non sei se teño os coñecementos necesarios para valorar se o reparto de puntos é xusto ou inxusto.
Penso que está ben que se valore a experiencia aínda que non sexa o máis importante. É certo que a traballar se aprende traballando, polo que o profesorado que se acaba de graduar e que comeza a súa vida laboral tardará relativamente pouco tempo en adaptarse ó ritmo dos centros educativos; ademais, pode ser que os puntos outorgados por ano traballado sexan excesivos: catro anos de carreira cunha media de sobresaínte son só 1.5 puntos, mentres que 4 anos de experiencia docente nunha especialidade do corpo ó que se opta son 2.8 puntos. Non comparto o punto de vista dun sistema que non premia de xeito máis xeneroso a formación complementaria do profesorado.
A falta de experiencia non quere dicir que vaian ser malos docentes, así como a experiencia tampouco asegura que vaian ser bos (tampouco acadar a nota máis alta nas oposicións asegura que se vai ser bo docente, xa que para isto habería que valorar moitas variables que non se avalían nas oposicións e que son idiosincráticas de cada persoa).

Con respecto ós coñecementos musicais, artísticos, de danza ou idiomas, e enlazando un pouco co que comento no parágrafo anterior, coido que está ben valorar a formación obtida polos docentes, no propio campo de traballo ou en outros que poidan resultar complementarios. Con respecto ó exemplo que pos, as matemáticas e a música están profundamente relacionadas, polo que eses coñecementos poderían ser aplicados na clase para explicar algúns conceptos de xeito atractivo para o alumnado (como empregar o tempo dunha canción para traballar as fraccións).
A tendencia actual demostra un interese polo traballo que integra saberes de diferentes disciplinas, polo que só pode ser beneficioso que o propio profesorado expanda os seus coñecementos alén do seu campo de experiencia.

Saudiña,
Alba