Boas, compas!
Nesta nova etapa do blogue imos tratar algúns contidos relacionados coa Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras para saber como axudar a que o noso alumnado acade todos os seus obxectivos de xeito ameno e atractivo. Pese a que nas sesións tratamos o tema do plurilingüísmo (esta presentación de Antía explica moi ben o concepto), hoxe quero facer un repaso dos diferentes tipos de actividades que podemos realizar na aula para traballar as catro actividades de lingua que recolle o MCER: expresión, comprensión, interacción e mediación, xa sexa de xeito oral ou escrito (o companion volume profundiza máis nestes conceptos). Esta clasificación pode resultar un pouco estraña para quen leve xa un tempiño lonxe do contexto educativo. Onde quedaron as 4 destrezas clásicas de produción oral e escrita e comprensión oral e escrita? que é iso de interacción e de mediación? Hai lugar na aula para practicar estas cousas? o alumnado non debería estar a traballar contidos relevantes e a acumular coñecementos?
Se entendemos o cerebro do noso alumnado como un almacén onde teñen que acumular tooooda a información que lles chega para poder acceder a ela cando lles sexa necesaria... pois igual estas non serían as destrezas nas que nos centraríamos. Pero debemos entender que o cerebro do noso alumnado é unha máquina cuxa potencialidade vai alén da mera acumulación de coñecementos. É un procesador moi potente que pode axudarlles a acadar o que se propoñan. Polo tanto, na aula debémoslles presentar retos reais, que actúen como unha sorte de quebracabezas e xogos nos que eles teñan que, non só aplicar os seus coñecementos, senón tamén traballar as competencias básicas. Potenciemos a súa creatividade, interese e motivación. É interesante esta sección dunha entrevista a Michio Kaku:
Aclaremos pois, que as actividades "clásicas" non quedan de lado. O alumnado segue tendo que ler, escribir, escoitar e falar pero, alén disto, traballa coa lingua en contexto mediante as actividades de interacción e de mediación. Polo tanto as actividades de expresión son aquelas nas que o alumnado traballa a súa capacidade de comunicar ideas, pensamentos, emocións... na lingua estranxeira, xa sexa de xeito oral ou escrito (exposicións orais na clase, redacción de historias, realización de resumos, show and tell...); e as actividades de comprensión axudan ó alumnado a traballar a súa capacidade de entender ideas expresadas na lingua estranxeira xa sexa de xeito oral ou escrito (lectura de noticias dun xornal, visualización de conferencias ou charlas en vídeo, lectura das instrucións de uso dalgún aparello, análise dun texto, visualización de series ou películas...). Por outra banda temos as actividades de interacción e mediación, que poñen en contacto a dous ou máis interlocutores para que o uso da lingua durante a aprendizaxe sexa un acto verdadeiramente comunicativo. De pouco serve que sexamos expertos expresándonos na lingua estranxeira se non somos quen de comprender ós nosos interlocutores (orais ou escritos), e de pouco serve tamén sermos quen de entender ó noso interlocutor pero non sermos quen de comunicar as nosas opinións ou os nosos pensamentos. É preciso que teñamos actividades de interacción nas que poñamos ó alumnado en contextos reais para ensinar a importancia dunha comunicación efectiva. Alén disto deben aprender a ser respectuosos e a adaptar o nivel de formalidade do discurso ás persoas coas que estean a falar (porque non nos comunicamos cunha profesora do mesmo xeito que nos comunicamos coas nosas amigas). En última instancia, a lingua é interacción entre dous ou máis interlocutores, polo que é preciso que aprendamos a traballar con ela mediante actos comunicativos reais (diálogos, debates, entrevistas, intercambio de correspondencia...). Aproveitemos que a interacción é un dos mellores métodos para aprender unha lingua estranxeira, se non a practicamos podemos acabar comunicándonos como Walter White en Breaking Bad
Ou peor, como Ted Mosby en How I Met Your Mother
Por outra banda, as actividades de mediación (que poden ser linguísticas/textuais, conceptuais e sociais/culturais) buscan que o alumnado se converta no punto medio que une a dúas persoas de culturas, niveis ou idiomas distintos para favorecer a comunicación entre elas. As mediadoras interveñen cando dúas ou máis persoas son incapaces de comunicarse directamente polo motivo que sexa (porque as persoas non falan a mesma lingua, porque o emisor é un especialista no tema e o receptor un neno pequeno con pouco vocabulario, porque o receptor final da mensaxe non está presente...). Deben controlar o nivel de formalidade, o grao de explicación, o vocabulario empregado, etc. para asegurar que o contido chega ata o receptor de xeito satisfactorio. Vexamos un exemplo humorístico de mediación entre unha interlocutora canadense e receptores estadounidenses mediante subtítulos:
Ou peor, como Ted Mosby en How I Met Your Mother
Por outra banda, as actividades de mediación (que poden ser linguísticas/textuais, conceptuais e sociais/culturais) buscan que o alumnado se converta no punto medio que une a dúas persoas de culturas, niveis ou idiomas distintos para favorecer a comunicación entre elas. As mediadoras interveñen cando dúas ou máis persoas son incapaces de comunicarse directamente polo motivo que sexa (porque as persoas non falan a mesma lingua, porque o emisor é un especialista no tema e o receptor un neno pequeno con pouco vocabulario, porque o receptor final da mensaxe non está presente...). Deben controlar o nivel de formalidade, o grao de explicación, o vocabulario empregado, etc. para asegurar que o contido chega ata o receptor de xeito satisfactorio. Vexamos un exemplo humorístico de mediación entre unha interlocutora canadense e receptores estadounidenses mediante subtítulos:
Robin: Ted, this hydro bill is bigger than Louis Cyr's biceps. What, you leave the garborator on all night, eh?.
Mediación mediante subtítulos: Ted, this electric bill is larger than a Quebec strong man's arms. Did you leave the [garbage] disposal on all night, moron?
Ambos interlocutores falan inglés, pero as expresións e as referencias empregadas en Canadá non coinciden coas empregadas nos Estados Unidos (na serie o exemplo é un pouco esaxerado), e esta diferencia cultural dificulta a comunicación entre os interlocutores. Neste caso, a actividade de mediación require dun coñecemento profundo da lingua e da cultura para poder entender as referencias. É un exercicio de comprensión, análise e explicación. Vexamos un exemplo de como NON realizar unha mediación entre dous interlocutores que non se poden comunicar directamente (ou o que coloquialmente chamaríamos o teléfono estragado):
Segundo a situación comunicativa, o acto de mediación pode ter consecuencias insospeitadas. Que sucede se actuamos como interpretes cando noso pai lle da direccións a un grupo de turistas e transmitimos mal a mensaxe? perderanse na cidade? chegarán tarde ao aeroporto? E se por lle traducir mal o menú dun restaurante a un amigo inxire algo ó que é alérxico? E se lle transmitimos mal o visto na clase a un compañeiro que estivo enfermo, suspenderá?. É moi doado atopar situacións comúns nas que o noso alumnado se pode ver no papel de mediador, algo que debemos aproveitar ó noso favor para deseñar actividades de aula que teñan un contexto real.
En conclusión, introducir estas actividades no traballo de aula non é difícil, pero debemos guiarnos polo establecido no MCER con respecto ós niveis de lingua. O noso alumnado debe traballar con textos propios do seu nivel, xa que de ser demasiado complexos poden perder o interese, a motivación e as ganas de traballar. Fagamos que se reten a si mesmos e que traballen, como dicía Vygotsky, na súa Zona de Desenvolvemento Próximo para que poidan interiorizar contidos de xeito máis eficiente e efectivo. Nas actividades realizadas na aula, propuxemos a realización dunha lectura comprensiva dun breve artigo xornalístico en inglés, para practicar a comprensión; a elaboración dun cartel comparativo de rasgos culturais propios e de países de lingua inglesa como acto de mediación, ou un show and tell organizado polo alumnado para practicar a expresión oral. Coido que actividades de este estilo son moi beneficiosas para que o alumnado acade un bo nivel de lingua e fan que as sesións de aula sexa algo dinámico e entretido.
Saudiña!
Alba

5 comentarios:
¡Hola Alba! Enhorabuena por tu entrada, me ha resultado muy entretenida de leer. En primer lugar, concuerdo contigo en que el cerebro del alumnado es como un almacén. Es más, un almacén que no solo acumula datos de nuestra asignatura, sino también de todas las demás. Así, el alumnado tiene muchas cosas en la cabeza, por lo que utilizar formas efectivas de enseñanza-aprendizaje es fundamental para que nada quede en el olvido. Para poder realizar esto, como bien dices, es necesario no centrarse en la simple acumulación de conocimientos a la que llevamos demasiado tiempo acostumbrados, sino a comprender que todo lo que nos enseñan dentro del aula también es aplicable fuera de ella. Por ello me parece buena idea aplicar retos reales en el aula, retos que además pueden presentarse en forma de gamificación para hacer el aprendizaje mas interactivo y divertido.
Por otra parte, me gustaría destacar un fragmento que has escrito y que me ha gustado mucho: “as actividades "clásicas" non quedan de lado. O alumnado segue tendo que ler, escribir, escoitar e falar”. Con esto me gustaría comentar un dato de mi experiencia como alumna en el aula de inglés: nunca he sido una entusiasta de los writing. Quizá esto parezca irrelevante, pero lo nombro porque quizá lo más desmoralizador de este dato es recordar que ninguno de los/as profesores/as que he tenido (que siempre comentaban que los writing eran una tarea aburrida) se animaron a dar un paso adelante para innovar la puesta en práctica de la expresión escrita. Con todo, para evitar esta situación en nuestra futura práctica docente, me alegra ver la cantidad de páginas web disponibles hoy día para hacer de estas actividades pasatiempos totalmente amenos, como por ejemplo Boomwriter, Storyjumper o Night Zookeeper, entre otras.
Finalmente, me alegra que hayas nombrado la importancia del respeto y el nivel de formalidad a la hora de poner en práctica la expresión e interacción en la lengua extranjera, pues si bien es cierto que es muy importante, es frecuentemente ignorado. Además, en efecto, las prácticas de expresión e interacción deben ser actos comunicativos reales, pues generalmente se hace uso del libro de texto, que no siempre se corresponde a la realidad. Así, es necesario poner en contacto al alumnado con materiales diversos, como por ejemplo series o programas de televisión, para que se familiaricen con el uso real de la lengua. Como último apunte, las situaciones que describes para poner en práctica la mediación, muy divertidas por cierto, podrían representarse teatralmente en el aula, juntando en una misma actividad la mediación, la comprensión, la expresión y la interacción en la lengua meta, y como no, la diversión al aprender.
Gracias de nuevo por tu entrada y enhorabuena. ¡Un saludo!
¡Hola, Alba!
Me parece muy interesante tu entrada, ya que has desarrollado de una forma detallada las diferentes actividades que se pueden trabajar en el aula de lenguas extranjeras para poder alcanzar los objetivos planteados en el MCER.
Me gustaría comentar, respecto a las actividades de interacción, las dificultades que pueden surgir en el aula y a las que deberemos hacer frente. Muchas alumnas y alumnos no quieren participar voluntariamente en este tipo de actividades y cuando se les obliga lo consideran casi una tortura. En mi opinión, esto se debe a dos motivos principales: la falta de confianza en sus conocimientos de la lengua extranjera en la que se tienen que comunicar y la vergüenza de hablar en público. Por ello, creo que es conveniente crear un clima de confianza en el aula entre el propio alumnado y entre este y el docente, para que se den cuenta de que están aprendiendo y de que las equivocaciones y fallos forman parte del propio proceso de aprendizaje. Además, es conveniente, bajo mi punto de vista, que desde la Educación Primaria se fomente el hablar en público para que cojan soltura y pierdan parte de esa vergüenza. Solo así este tipo de actividades de interacción podrán ser aprovechadas al máximo y aprenderán una lengua diferente a la suya de una manera adecuada.
¡Un saludo!
Hola Alba
En primer lugar te felicito por los videos que has unido a esta entrada, explican perfectamente los conceptos que quieres transmitir además de ser muy divertidos, "Como conocí a vuestra madre" es una gran fuente de ejemplos con los que trabajar en el aula.
No hay duda de que los cerebros de nuestros estudiantes son como procesadores en constante expanción, sobre todo a lo largo de su etapa educativa y es nuestra misión desarrollar sus capacidades al máximo permitiéndoles alcanzar todo su potencial, y para ello es necesario evolucionar, no anclarnos en lo de siempre por que funciona. Es cierto que el "Companión Volume" nos abre las puertas a muchos conceptos y posibilidades que necesitamos trabajar sobre todo en un mundo que evoluciona tan rápido. Los estudiantes de un idioma necesitan interaccionar unos con otros. Para que el aprendizaje sea efectivo es necesario que trabajen la comprensión de las cosas que les rodean. Es mucho más útil saber entender la carta de un menú en Inglaterra, o como pedir direcciones si te pierdes en Londres, que saber que el presente simple se construye "sujeto+vebo+..." Los idiomas son para usarlos, y usarlos interactuando y mediando con otras personas según la situación.
Fantástica entrada, muy interesate y clara.
Emma
Buenas Alba:
Ha sido una de las entradas que más he disfrutado. Sin duda, has sabido aplicar la teoría explicada en clase a aquellas cosas cotidianas y accesibles en la vida de los alumnos, tales como series. A día de hoy, las series están consideradas como uno de los principales recursos a la hora de aprender idiomas y contiene múltiples ejemplos para mejorar no sólo la pronunciación y la escucha, sino también el aprendizaje de determinadas expresiones al asociarlas con diferentes escenas ya vistas. Con todo, ofrecen una visión realista del uso de un idioma, motivando al alumnado y mejorando la calidad del proceso de enseñanza aprendizaje.
Personalmente, me resulta difícil introducir el Companion Volumen dentro del aula de idiomas,pero no deja de ser una herramienta muy útil para que el alumnado no sólo vea su recorrido lingüístico, sino para poder plantearse nuevos retos en la adquisición de los idiomas que se proponga.
Solo me queda darte la enhorabuena. Espero que logres aplicar estas actividades ya en las prácticas del máster
Boas, rapazas!!
Primeiramente, graciñas polos vosos comentarios, aportades algúns puntos de vista moi interesantes e bastante relacionados entre si.
É ben certo que, como di Raquel, a mediación, a comprensión a expresión e a interacción non funcionan como compartimentos estancos da lingua, senón que se interrelacionan e complementan (ou polo menos iso é o ideal). Tanto se realizamos actividades na aula, como se lle ofrecemos ó noso alumnado ferramentas online para que poidan practicar pola súa conta, o ideal sería aproveitar aquelas que máis interesan ó alumnado para reforzar as que non lles chistan tanto (se lles gusta aprender sobre outras culturas e as actividades de mediación, pero non son moi fans da expresión escrita, deseñemos unha actividade que aúne ambas destrezas do xeito máis dinámico e ameno posible).
Mais, hai algunhas actividades que poden supoñer máis problemas ca outras, como moi ben apunta Ana, unha grande parte do alumnado sinte aversión ás actividades de interacción, especialmente ás que lles requiren comunicarse de xeito oral. Certamente, canto antes comece o alumnado a practicar a comunicación oral, máis doado lles será falar na clase sen sentir vergoña. Agora ben, se o alumnado que temos na aula non está nese punto, non podemos limitarnos a botarlles a culpa ós docentes que tiveron antes de chegarmos nós, senón que temos que responsabilizarnos da situación e buscarlle unha solución pertinente.
A excesiva importancia que se lle dá á gramática durante a etapa educativa, propicia (na miña opinión) que o alumnado se centre demasiado na teoría sobre o idioma (que está ben? que está mal? que me pode deixar en ridículo diante da clase?). Como moi ben apunta Emma, o idioma debe aprenderse en contexto, dándolle importancia a que se produza unha comunicación efectiva (ainda que haxa erros gramaticais). Penso que se o alumnado é quen de comprender ó seu interlocutor cando lle fala, pouco a pouco vai interiorizando expresións e construccións que escoita ou lee (como cando se lles "pega" unha expresión típica dun amigo e pasan a incorporala ó seu propio vocabulario). Realizar o camiño en sentido inverso é, para min, un contrasentido.
Por iso quixen nesta entrada mostrarvos como as series e películas moitas veces poden servir de exemplo para explicar un concepto ou de base para desenvolver unha actividade de lingua. Emma deu no clavo, "contiene múltiples ejemplos para mejorar no sólo la pronunciación y la escucha, sino también el aprendizaje de determinadas expresiones al asociarlas con diferentes escenas ya vistas. Con todo, ofrecen una visión realista del uso de un idioma, motivando al alumnado y mejorando la calidad del proceso de enseñanza aprendizaje". Non podo estar máis de acordo (e se me poño no papel do alumnado da aula, coido que é un xeito divertido de aprender un idioma).
Con respecto ó Companion Volume, é certo que semella difícil a súa incorporación á aula de idiomas, pero coido que é máis pola falta de experiencia que temos nunha aula de verdade. Veremos se coas prácticas conseguimos telo todo un pouco máis claro.
Saudiña,
Alba
Publicar un comentario