Sesión do 21 de novembro
Durante a sesión do 21 de novembro da materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional tratamos varios temas bastante teóricos relacionados co deseño curricular e a lexislación en materia educativa mediante o traballo cooperativo e a gamificación.
A primeira actividade da clase estivo baseada no traballo en grupos de xeito piramidal (primeiro en parellas, logo en grupos de catro persoas, e finalmente en grupos de oito persoas) para responder a preguntas básicas sobre que é o currículo, cales son os seus elementos, cales son as competencias básicas e cales son os niveis de concreción curricular. O alumnado da clase tiña os conceptos bastante frescos grazas ás materias previamente cursadas, polo que a actividade se desenvolveu de xeito fluído e os resultados foron satisfactorios. Entre toda a clase se alcanzou un consenso sobre as respostas ás preguntas e se aclararon as poucas dúbidas que podía haber sobre estes temas (Preme aquí para acceder ó diario desta sesión).
A primeira actividade da clase estivo baseada no traballo en grupos de xeito piramidal (primeiro en parellas, logo en grupos de catro persoas, e finalmente en grupos de oito persoas) para responder a preguntas básicas sobre que é o currículo, cales son os seus elementos, cales son as competencias básicas e cales son os niveis de concreción curricular. O alumnado da clase tiña os conceptos bastante frescos grazas ás materias previamente cursadas, polo que a actividade se desenvolveu de xeito fluído e os resultados foron satisfactorios. Entre toda a clase se alcanzou un consenso sobre as respostas ás preguntas e se aclararon as poucas dúbidas que podía haber sobre estes temas (Preme aquí para acceder ó diario desta sesión).
A continuación, para repasar o contido teórico máis denso, participamos nunha partida de Kahoot con 24 cuestións sobre as competencias dos responsables nos diferentes niveis de concreción curricular.
Malia que dende o punto de vista do profesorado o Kahoot semella ser un xeito ameno e dinámico de traballar contidos, coido que o pouco tempo que hai para responder a cada pregunta propicia que os resultados acadados non sexan tan satisfactorios como poderían ser con outros métodos de avaliación (tendo en conta que canto máis tempo se tarde en responder, menos puntuación se obtén). A velocidade de lectura, comprensión e resposta non é igual para todo o alumnado, e debemos ter esta diversidade en conta á hora de planificar as clases. O Kahoot premia as respostas rápidas, polo que pode supoñer estrese, ansiedade ou mesmo un bloqueo para o alumnado que funciona a un ritmo máis pausado. Ademais, a súa compoñente visual é tan importante que supón unha barreira case infranqueable para o alumnado con discapacidade visual, algo que tamén debemos ter en conta á hora de querer empregar esta ferramenta nas nosas clases.
Despois deste repaso xeral ós conceptos e normativas básicas realizamos unha actividade en grupos reducidos. O docente repartiu entre os grupos unha serie de preguntas a responder sobre os contidos da LOMCE con respecto a ensinanza de linguas estranxeiras (horas adicadas á primeira e segunda lingus aestranxeiras, principios metodolóxicos, obxectivos xerais, avaliación... para ESO, Bacharelato e Formación Profesional). O obxectivo da actividade foi que aprendésemos de xeito colaborativo, mediante exposicións por grupos ante o resto da clase para poñer en común as respostas a estas preguntas (as exposicións terán lugar ó comezo da próxima sesión de aula).
En conclusión, as actividades fixeron que unha sesión de 4 horas se puidese desenvolver de xeito ameno, sen facerse moi pensada nin sobrecargar ó alumnado de información. Aínda así, é preciso realizar un repaso do temario visto na clase de xeito autónomo para aclarar as dúbidas que se poidan ter e interiorizar o aprendido.
En conclusión, as actividades fixeron que unha sesión de 4 horas se puidese desenvolver de xeito ameno, sen facerse moi pensada nin sobrecargar ó alumnado de información. Aínda así, é preciso realizar un repaso do temario visto na clase de xeito autónomo para aclarar as dúbidas que se poidan ter e interiorizar o aprendido.

3 comentarios:
Bo día, Alba.
O teu comentario amosa certos matices que na sesión pasaron desapercibidos para mín. Certo é que a clase foi fructuosa porque ao fin e ao cabo, moitas das cousas que se explicaron xa as tiñamos almacenadas na memoria, co cal o esforzo retentivo era menor.
Por outro lado, eu, que sempre fun apaixoado defensor da aplicación Kahoot!, e que disfrutei enormemente o seu uso, non caíra na conta no que dis sobre o posible estrés que pode implicar polo exceso de dinamismo que posúe, tanto visual como auditivo. Polo tanto, é correcto pensar que, como dis, tal vez non se trate do medio máis adecuado para a ensinanza se algún alumno ou alumna da clase ten dificultades visuales ou calquera outras pola que esta actividade non sexa a máis axeitada para os intereses globais do conxunto da aula.
Grazas polo teu punto de vista, xa que repara en detalles que poden pasar desapercibidos para o resto da xente.
Buenas tardes Alba
Como Jesús el Kahoot es una actividad con la que disfruto mucho y me parece una herramienta muy útil a la hora de practicar contenidos de los que uno ya tiene una cierta asimilación. Pero también coincido contigo cuando haces referencia al estrés que produce el tiempo. Creo que hay ocasiones en que los alumnos terminan contestando más al azarar que por razonamiento por miedo a que se les termine el tiempo y no puedan responder. Cuando se diseña una actividad de estas hay que tener mucho cuidado de dar el tiempo necesario a los alumnos para poder leer y pensar la respuesta en condiciones. También hay otra cuestión con Kahoot que hay que tener en cuenta sobre todo su se hace con un grupo reducido, y es la exposición del alumno que va en último lugar. Hay niños que no tienen buen perder y el hecho de quedar últimos puede ser motivo de disgusto o enfado.
Grazas, Jesús e Emma, polos vosos comentarios.
O certo é que como o Kahoot! gusta tanto polo seu dinamismo, poucas persoas se paran a pensar nese reducido grupo de alumnado que (coma min) non disfruta con este tipo de actividades na aula. Na miña opinión, o Kahoot! supón unha inversión de tempo elevada, que resulta excesiva para tratar temas sinxelos, e non chega para tratar temas densos (polo que sempre se perde ou tempo ou contidos). Con todo isto, non pretendo demonizar esta ferramenta, pero si recomendar o seu uso cauteloso.
Alén disto, e como ben apunta Emma, moito alumnado ten mal perder e pode pasalo moi mal con este tipo de actividades. Obviamente deberiamos traballar con este alumnado o seu mal perder, pero mediante actividades que non o confonten de xeito tan "público" co seu "fracaso" (que igual non é tanto fracaso, pero que parece peor do que é pola comparativa cos resultados do resto da clase).
A decisión de empregar o Kahoot non é maliciosa, pero se o alumnado comenta a súa incomodidade coa actividade, deberíamos escoitalo para asegurar que ninguén se sinta desplazado ou incómodo na aula.
Alégrome de que valoredes a opinión tan minoritaria que teño desta ferramenta que está moi presente nas aulas hoxe en día.
Saudiña, Alba
Publicar un comentario